O obxeivo centrase na recaudación de diñeiro para axudar a decenas de familias a encontrar unha solución a enfermidades dos seus fillos. As familias promoven a súa causa para conseguir o diñeiro necesario para levar a cabo a investigación e/ou intervencións dos seus fillos.
Aquí, no noso pobo, tamén estamos participando nunha recolección de tapóns, coa colaboración do noso Concello para axudar a un neno veciño que necesita, como moitos outros, a axuda de todos. No noso instituto e no propio concello temos lugares nos que depositar os tapóns. Ademais, nos próximos meses levaranse a cabo actividades para recaudar fondos para a súa causa.
O que vos intentamos decir con esta entrada é que a reciclaxe, unha actividade que non nos custa nada realizar, pode axudar a moita xente con verdadeiros problemas e ao mesmo tempo axudar tamén ao medio ambiente.
Agora xa sabes o que teis que facer, participa na reciclaxe de tapóns por unha boa causa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario