lunes, 27 de mayo de 2013

A reciclaxe do tabaco!

Moitos facémonos a pregunta de se unha cabicha se pode reciclar, a resposta é si, nesta entrada falámosvos deste tema.
Os restos dos cigarros pódense reciclar e obter así numerosos beneficios medioambientais. Tras ser tratados, a cinza e outros residuos do tabaco poden ser convertidos en abonos naturais e fertilizantes para o seu uso na agricultura. Ademais, o papel que rodea o filtro é reciclable, e o propio filtro pode ter unha segunda vida formando parte de elementos plásticos como palés, embalaxes e incluso carcasas de bolígrafos. Por todo isto, British American Tobacco y TerraCycle pondrán en marcha "Apaga e Recicla", o primeiro proxecto de reciclaxe de cigarrillos en Europa e usarán unha metodoloxía que xa foi probada con éxito noutros países como Estados Unidos e Canadá. 

                       

E recorda, nunca tires a túa cabicha ao chán, unha vez máis, o planeta agradeceracho!                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario