lunes, 27 de mayo de 2013

¿Só reciclaxe? Hai máis opcións!

Aquí vos deixamos outra proposta.. certo é que a reciclaxe é fundamental para o futuro de todos, pero aínda así pensamos que está ben que coñezades outras maneiras de axudar ao noso planeta que tamén poden ter moi bos resultados. Estamos falándovos da Regra das tres erres, ou a coñecida tamén como 3R. Trátase de unha proposta sobre os hábitos de consumo popularizada pola organización ecologista Greenpeace, que pretende desenrolar e acostumar as personas hábitos xerais como o consumo responsable.
¿E que é o que significan as tres R?



Veredes.. a primeira ven dada da palabra: Reduce.
Se reducimos o problema, diminuiremos o impacto que estamos causando no medio ambiente. Esta reducción, pode ser de dous niveles:
Reducción do consumo de bens e reducción do consumo de enerxía. 
Algunhas das ideas que vos achegamos para reducir son:
 - Utilizar o trasporte público ou as bicicletas nos traxectos cortos, así diminuiremos os gases que se botan a atmósefa.
 - Diminuír a cantidade de papel que utilizamos, usando, por exemplo papel reciclado e aproveitando os folios ata o final.
Tamén, cerrar a billa de auga ao lavarnos os dentes, ao enxabonarnos ou ao lavar a loza, pode ser de gran axuda.
A segunda inicial ven dada da palabra: Reutilizar.
Reutilizando tamén reducimos o impacto no medio ambiente, indirectamente. Trátase de reutilizar un obxecto para, de ese modo, poder darle unha segunda vida útil. Todos os materiais que coñecemos e utilizamos teñer unha segunda vida útil, ven sexa reparándoos para un mesmo uso ou utilizar a imaxinación para poder darlle un uso diferente.
Algunhas das ideas que vos achegamos para reutilizar son:
- Utilizar as botellas vellas como posibles portalápices.
- Escribir polas dúas caras dos folios.
A terceira e útima inicial ven dada da palabra: Reciclaxe.
Posiblemente, o reciclaxe sexa o modo máis coñecido para axudar ao noso planeta, aínda así moitos non o facemos ben (por iso, entre outras cousas, creouse este blog).
Todos debedes recordar que reciclando, o vidrio e a maioría dos plásticos pódense reciclar calentándoos ata que se afunden e pódenselles dar así unha nova forma. Entón, sería como utlizar un plástico ou unha botella dende o principio, No caso do vidrio, en concreto, só é completamente reciclable, dunha botella podríase obter outra botella.



Como sempre, esperamos que a información que vos aportamos os sexa de axuda, e recordade, reciclar é unha moi boa opción, pero non a única!

No hay comentarios:

Publicar un comentario