lunes, 13 de mayo de 2013

O aceite, tamén como xabón.

Neste blog tamén intentamos axudarvos coas tareas domésticas, así que vos amosamos como reciclar cousas tan comúns como o aceite, xa que si se vota polo sumidoiro pode provocar:

- Unha importante agresión ao medio ambiente.
- Aumento da dificultade na depuración de augas residuais.
- Limitación na reutilización de augas residuais.
- Alto custo de mantemento para os sistemas de rede de sumidoiros.
- Alto custo en estacións de depuradoras.
Simplemente tirando polo sumidoiro un litro de aceite se contaminan millóns de litros de auga, para evitar este desperdicio existen recollida de aceite usado nos pobos.

Outras formas de reutilizar o aceite sería, por exemplo, fabricar o teu propio xabón:


O aceite usado pode ser de calquera clase: soia, oliva, girasol, sementes... o único que se necesita é pasalo por un colador para quitarlle as impurezas das frituras. O resto de material é auga e eslamiada cáustica (que podes comprar na drogaría). Aquí tes a receita:
2 litros e medio de aceites usados
2 litros e medio de auga
Media quilo de eslamiada cáustica
Nun ambiente ventilado e coa axuda dun pau, dilúese na auga media quilo de eslamiada cáustica e un puñado de sal. Producirase unha reacción química exotérmica (calor) que require algunhas horas ata que se enfrie. A soda cáustica é un material que dana a pel se se pon en contacto directo con ela. Por iso é recomendable utilizar luvas e lentes protectoras.
Vértese lentamente o aceite sobre a mestura líquida chamada tamén lejía cáustica, removendo cun pau lentamente e sempre no mesmo sentido, porque pola contra pódese cortar o xabón.
Quéntase a mestura nunha cazola até alcanzar a temperatura de ebulición e mantense durante dúas horas para producir a saponificación das graxas. Esta reacción química é a que combina o sodio da lejía cos acedos grasos provenientes dos aceites para dar forma a unha sal orgánico soluble que coñecemos como xabón. Se quere facer xabón con esencias engada herbas aromáticas ou outros tipos de aromas naturais despois de que a mestura baixo a temperatura a 40ºC.
Cando a mestura se espesa, bótase nos moldes e déixase endurecer durante varios días.

Así ademais de conseguir un bo xabón , o medio ambiente quedarache moi agradecido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario