Imaxinaches algunha vez unha avioneta feita con unha botella de plástico?, nesta nova entrada imos ensinarche como se fai.
Para comezar, necesitamos uns cantos materiais: Unha botella de plástico, cartón, pegamento, un pilcel, pinturas e tixeiras.
O primeiro que debes facer é debuxar as pezas da avioneta sobre o cartón e seguidamente, recortalas.
Cando xa teñas todas as partes recortadas, co pincel e as pinturas debes pintalas como máis che guste. E cando sequen tamén podes pegarlle pegatinas ou facer os teus propios debuxos sobre elas.
Finalmente, só queda pegar todas as partes a botella e conseguirás un novo xoguete reciclado.
Agora e o teu turno, anímate a reciclar da forma máis divertida con nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario