lunes, 27 de mayo de 2013

¿Só reciclaxe? Hai máis opcións!

Aquí vos deixamos outra proposta.. certo é que a reciclaxe é fundamental para o futuro de todos, pero aínda así pensamos que está ben que coñezades outras maneiras de axudar ao noso planeta que tamén poden ter moi bos resultados. Estamos falándovos da Regra das tres erres, ou a coñecida tamén como 3R. Trátase de unha proposta sobre os hábitos de consumo popularizada pola organización ecologista Greenpeace, que pretende desenrolar e acostumar as personas hábitos xerais como o consumo responsable.
¿E que é o que significan as tres R?



Veredes.. a primeira ven dada da palabra: Reduce.
Se reducimos o problema, diminuiremos o impacto que estamos causando no medio ambiente. Esta reducción, pode ser de dous niveles:
Reducción do consumo de bens e reducción do consumo de enerxía. 
Algunhas das ideas que vos achegamos para reducir son:
 - Utilizar o trasporte público ou as bicicletas nos traxectos cortos, así diminuiremos os gases que se botan a atmósefa.
 - Diminuír a cantidade de papel que utilizamos, usando, por exemplo papel reciclado e aproveitando os folios ata o final.
Tamén, cerrar a billa de auga ao lavarnos os dentes, ao enxabonarnos ou ao lavar a loza, pode ser de gran axuda.
A segunda inicial ven dada da palabra: Reutilizar.
Reutilizando tamén reducimos o impacto no medio ambiente, indirectamente. Trátase de reutilizar un obxecto para, de ese modo, poder darle unha segunda vida útil. Todos os materiais que coñecemos e utilizamos teñer unha segunda vida útil, ven sexa reparándoos para un mesmo uso ou utilizar a imaxinación para poder darlle un uso diferente.
Algunhas das ideas que vos achegamos para reutilizar son:
- Utilizar as botellas vellas como posibles portalápices.
- Escribir polas dúas caras dos folios.
A terceira e útima inicial ven dada da palabra: Reciclaxe.
Posiblemente, o reciclaxe sexa o modo máis coñecido para axudar ao noso planeta, aínda así moitos non o facemos ben (por iso, entre outras cousas, creouse este blog).
Todos debedes recordar que reciclando, o vidrio e a maioría dos plásticos pódense reciclar calentándoos ata que se afunden e pódenselles dar así unha nova forma. Entón, sería como utlizar un plástico ou unha botella dende o principio, No caso do vidrio, en concreto, só é completamente reciclable, dunha botella podríase obter outra botella.



Como sempre, esperamos que a información que vos aportamos os sexa de axuda, e recordade, reciclar é unha moi boa opción, pero non a única!

Solidariedade e reciclaxe.

Recentemente, xurdiu no noso país un fenómeno de gran calado social que une a reutilización de residuos solidarios. Trátase, concretamente, da recolección de plástico a través de tapóns procedentes de múltiples productos, como poden ser, tapas de botellas, frascos de champú...
O obxeivo centrase na recaudación de diñeiro para axudar a decenas de familias a encontrar unha solución a enfermidades dos seus fillos. As familias promoven a súa causa para conseguir o diñeiro necesario para levar a cabo a investigación e/ou intervencións dos seus fillos.


Aquí, no noso pobo, tamén estamos participando nunha recolección de tapóns, coa colaboración do noso Concello para axudar a un neno veciño que necesita, como moitos outros, a axuda de todos. No noso instituto e no propio concello temos lugares nos que depositar os tapóns. Ademais, nos próximos meses levaranse a cabo actividades para recaudar fondos para a súa causa.

O que vos intentamos decir con esta entrada é que a reciclaxe, unha actividade que non nos custa nada realizar, pode axudar a moita xente con verdadeiros problemas e ao mesmo tempo axudar tamén ao medio ambiente. 
Agora xa sabes o que teis que facer, participa na reciclaxe de tapóns por unha boa causa!

Electrodomésticos

É necesario concienciar a todos os cidadáns e empresas a que é necesario reciclar electrodomésticos vellos levándoos aos Puntos Verdes e Ecoparques.

Moitos dos electrodomésticos que resultan inservibles no fogar acaban nos vertedoiros de lixo, o que provoca un grave problema no equilibrio do medio ambiente. O feito de reciclar electrodomésticos vellos supón un gran aforro en enerxía, auga e recursos naturais, xa que moitos dos seus materiais pódense volver utilizar para fabricar outros aparellos.

No ano 2003 a Normativa Europea creaba unha serie de obxectivos a cumprir sobre a Reciclaxe de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. Pretendíase con iso que os países membros concienciasen a todos os cidadáns sobre a importancia da reciclaxe destes aparellos.

Por non reciclar electrodomésticos adecuadamente na actualidade, o 85 por cento destes aparellos domésticos finalizan a súa vida nos vertedoiros de lixo provocando un grave perigo para o medio ambiente e a saúde humana. É necesario lembrar que moitos deles están fabricados con sustancias moi tóxicas.

Os vendedores de electrodomésticos están obrigados a recoller os aparellos usados nos domicilios cando se realiza a compra dun novo. Tamén deben recoller nas propias tendas os pequenos electrodomésticos. Logo deben preocuparse de levalos a unha planta de reciclaxe.

Segundo investigacións realizadas en España só recíclase entre un 15 e un 20 por cento dos electrodomésticos. Con todo, todos os cidadáns que compran un electrodoméstico novo pagan xa no seu importe unha taxa de reciclaxe.



A recadación anual deste imposto supón un importe de 300 millóns de euros. Por tanto, a responsabilidade de reciclar electrodomésticos áchase nos fabricantes que cobran esta taxa de 20 euros nun frigorífico ou de 5 euros nun pequeno electrodoméstico.

O problema comeza cando os fabricantes que cobran este imposto por reciclar electrodomésticos non se encargan de levalos aos Puntos Verdes. Os Ecoparques declaran que ás súas empresas non chegan todos os electrodomésticos que debesen. Entón, onde van parar os electrodomésticos usados?

As chatarrerías, solares e despezamentos son os culpables destas desaparicións. Aquí chegan estes aparellos coa intención de manipularse, despezar e volver a revender parte do seu material.

As administracións tamén deben pór máis interese no feito de reciclar electrodomésticos. Teñen o seu parte de culpa en todo isto xa que moitos Ecoparques e Puntos Verdes non están ben sinalizados, non cumpren cos horarios, non teñen accesos adecuados ou non teñen información dos horarios de apertura. Evidentemente, os grandes prexudicados de todas estas accións son o medio ambiente e por conseguinte, o ser humano.



A reciclaxe de aluminio en España.

Reciclar alumio é moi importante tanto para o medio ambiente como para a economía. Por iso, todo o aluminio que se recupera recíclase, xa que este metal é o material de envase de máis valor no mercado. Ademais, o aluminio recuperado constitúe unha excelente materia prima para volver a fabricar productos de aluminio, xa que no proceso de reciclado non cambias as propiedades deste material. De feito, o 75% de todo o aluminio que se fabricou desde fai 100 anos encontrase actualmente en uso en forma de diversos productos gracias ó reciclado.
Outra ventaxa de reciclar aluminio é o aforro de enerxía, xa que ao fabricar productos de aluminio con aluminio reciclado existe un aforro do 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral.





A colaboración dos cidadáns é moi importante para conseguir que os envases se reciclen e por iso ARPAL está realizando accións educativas en centros escolares co obxetivo de que os máis novos conozan a importancia de reciclar envases de aluminio e explicar cómo poden colaborar. Durante o pasado curso, realizouse unha campaña de reciclaxe deste material en máis de 40 colexios de ;álaga e está previsto estender esta iniciativa a outras provincias de España.

Agora tamén é o teu turno, todos podemos participar nesta nova iniciativa!




A reciclaxe do tabaco!

Moitos facémonos a pregunta de se unha cabicha se pode reciclar, a resposta é si, nesta entrada falámosvos deste tema.
Os restos dos cigarros pódense reciclar e obter así numerosos beneficios medioambientais. Tras ser tratados, a cinza e outros residuos do tabaco poden ser convertidos en abonos naturais e fertilizantes para o seu uso na agricultura. Ademais, o papel que rodea o filtro é reciclable, e o propio filtro pode ter unha segunda vida formando parte de elementos plásticos como palés, embalaxes e incluso carcasas de bolígrafos. Por todo isto, British American Tobacco y TerraCycle pondrán en marcha "Apaga e Recicla", o primeiro proxecto de reciclaxe de cigarrillos en Europa e usarán unha metodoloxía que xa foi probada con éxito noutros países como Estados Unidos e Canadá. 

                       

E recorda, nunca tires a túa cabicha ao chán, unha vez máis, o planeta agradeceracho!                                     

lunes, 20 de mayo de 2013

Outro xogo de reciclaxe!

Aquí vos deixo un novo xogo de reciclaxe, para que os máis pequenos aprendan e se divirtan a reciclar da mellor maneira, clicade na imaxe! 




Outro tipo de reciclaxe.

Nunha visita a  un centro de reciclaxe en Glarus, Suíza, púdose comprobar como clasificaban o lixo en contendores claramente marcados: Tiraban botellas en colectores para vidro verde, marrón e claro; esmagaban latas que deixarban caer nunha abertura; tiraban aluminio nunha bolsa grande, e poliespuma noutro recipiente. Tamén había colectores para obxectos de metal e baterías usadas. Os desperdicios orgánicos son colleitados aparte. O centro de reciclaxe ten horas específicas e os habitantes están obrigados a clasificar o seu lixo. Os camións recóllena en bolsas especiais que se compran nos supermercados, onde se aplica un "imposto" especial para a recolección de lixo. Non existen os vertedoiros!







Suíza é un dos países que máis se preocupa pola conservación do medio ambiente. Cunha taxa de reciclaxe de máis do 50% colócase entre os países máis avanzados en materia de recuperación de refugallos. O seu sistema é diferente ao noso. En Suíza, reciclar é libre e gratis , pero tirar lixo custa diñeiro, cada bolsa de lixo ten que ter unha etiqueta, e o prezo de cada etiqueta é polo menos dun euro. Así canto menos se tire, menos se paga . Existen diferentes tipos de colectores para as diferentes cores do vidro, para o aluminio, baterías, plásticos, etc. O lixo recóllese un día á semana e a unha hora concreta e o cartón por exemplo, unha vez ao mes.

Desta maneira conseguese disminuir a contaminación, xa que se non págalo ti.

O Punto Sigre


Nesta nova entrada imos falarvos do punto Sigre, unha entidade sen ánimo de lucro creada para garantir a correcta xestión medio ambiental dos envases e restos de medicamentos de orixe doméstica.

Agora imos a mostrarvos como colaborar co punto Sigre; 

É importante que revisemos os nosos botiquíns de medicamentos, xa que pode a ver algún caducado ou que non usemos. O que debemos facer con eses medicamentos e levalos a farmacia e depositalos no punto Sigre. 
En todos os pobos debería haber unha farmacia na que depositar os medicamentos, no noso caso contamos con un contenedor en cada farmacia.
Tamén hai que levar os envases vacíos ou as caixas dos medicamentos, xa que non se poden despositar nos contenedores habituais xa que poden ter restos de eses medicamentos. 
E o que nunca podedes depositar no punto Sigre, son os termómetros, as gasas, as agullas e os produtos químicos. 





Xa sabes agora o que tedes que facer cos medicamentos caducados ou sen uso! 

A reciclaxe máis divertida.

Imaxinaches algunha vez unha avioneta feita con unha botella de plástico?, nesta nova entrada imos ensinarche como se fai.
Para comezar, necesitamos uns cantos materiais: Unha botella de plástico, cartón, pegamento, un pilcel, pinturas e tixeiras.
O primeiro que debes facer é debuxar as pezas da avioneta sobre o cartón e  seguidamente, recortalas.
Cando xa teñas todas as partes recortadas, co pincel e as pinturas debes pintalas como máis che guste. E cando sequen tamén podes pegarlle pegatinas ou facer os teus propios debuxos sobre elas.
Finalmente, só queda pegar todas as partes a botella e conseguirás un novo xoguete reciclado.



Agora e o teu turno, anímate a reciclar da forma máis divertida con nós!

Unha orixinal proposta para a reciclaxe de chicles!

O chicle poderiamos dicir que é o colmo do reciclaxe. En España consómese unha media de tres quilos e medio de chicles e caramelos por habitante. Un chicle que se tira ao chan tarda, tamén de media, cinco anos en degradarse (tempo durante o cal é capaz de acumular en torno a 50.000 xermes).




Eliminar os chicles un a un é moi caro, por iso unha das solucións máis rendibles, chámase GUMBROP.
Anna Bullus, unha diseñadora inglesa de 25 anos, propuxo unha solución que comeza a ter unha presenza rosada e redonda en Londres: 'GUMDROP'. Como ben indica o seu nome traducido 'Tirachicles', é unha papeleira feita con chicle reciclado, para que os transeúntes poidan desfechar as súas gomas de mascar.




Sería unha moi boa proposta levala a cabo, sobre todo as nosas rúas agradeceríano!






jueves, 16 de mayo de 2013

A reciclaxe de pilas.

A pesar do seu diminuto tamaño, as pilas son uns dos elementos que máis contaminan o medio ambiente. Isto é debido a súa complexa composición, con metais nos cales se encontran o mercurio, o níquel ou o cinc.
Existen varios tipos de pilas como podedes observar nesta fotografía, pero os máis contaminates neste caso son as pequenas chamadas pilas de botón ou de reloj.






Se non as reciclamos correctamente irán parar aos contenedores habituais, onde o seu contido contamina as augas subterráneas e o chan, chegando a infiltrarse nas cadeas alimentarias. A outra posibilidade é que acaben en plantas de incineración, onde os seu compoñentes entrarían en combustión e emitirían gran cantidade de contaminantes ao aire.
Si depositamos as pilas usadas nos contenedores destinados a iso, serán levadas a unha planta de reciclaxe de pilas, onde os materiais perigosos como o mercurio, son separados do resto de metais e materiais, que son triturados e condesados para o seu posterior reutilización.

Para levar a cabo esa reutilización e moi importatnte a axuda da xente, xa que poden depositar esas pilas usadas en puntos de recollida que hai en concellos, en edificios municipais, Puntos Limpios e en comercios colaboradores como tendas de fotografía e supermercados.

Axudádenos!









Recordade, cada material na súa cor e contenedor correspondente!

  • No contenedor verde debemos depositar todos os envases de vidrio.

  • No contenedor azul os papeis.


  • No contenedor amarelo os plásticos e os envases metálicos. 



lunes, 13 de mayo de 2013

O aceite, tamén como xabón.

Neste blog tamén intentamos axudarvos coas tareas domésticas, así que vos amosamos como reciclar cousas tan comúns como o aceite, xa que si se vota polo sumidoiro pode provocar:

- Unha importante agresión ao medio ambiente.
- Aumento da dificultade na depuración de augas residuais.
- Limitación na reutilización de augas residuais.
- Alto custo de mantemento para os sistemas de rede de sumidoiros.
- Alto custo en estacións de depuradoras.
Simplemente tirando polo sumidoiro un litro de aceite se contaminan millóns de litros de auga, para evitar este desperdicio existen recollida de aceite usado nos pobos.

Outras formas de reutilizar o aceite sería, por exemplo, fabricar o teu propio xabón:


O aceite usado pode ser de calquera clase: soia, oliva, girasol, sementes... o único que se necesita é pasalo por un colador para quitarlle as impurezas das frituras. O resto de material é auga e eslamiada cáustica (que podes comprar na drogaría). Aquí tes a receita:
2 litros e medio de aceites usados
2 litros e medio de auga
Media quilo de eslamiada cáustica
Nun ambiente ventilado e coa axuda dun pau, dilúese na auga media quilo de eslamiada cáustica e un puñado de sal. Producirase unha reacción química exotérmica (calor) que require algunhas horas ata que se enfrie. A soda cáustica é un material que dana a pel se se pon en contacto directo con ela. Por iso é recomendable utilizar luvas e lentes protectoras.
Vértese lentamente o aceite sobre a mestura líquida chamada tamén lejía cáustica, removendo cun pau lentamente e sempre no mesmo sentido, porque pola contra pódese cortar o xabón.
Quéntase a mestura nunha cazola até alcanzar a temperatura de ebulición e mantense durante dúas horas para producir a saponificación das graxas. Esta reacción química é a que combina o sodio da lejía cos acedos grasos provenientes dos aceites para dar forma a unha sal orgánico soluble que coñecemos como xabón. Se quere facer xabón con esencias engada herbas aromáticas ou outros tipos de aromas naturais despois de que a mestura baixo a temperatura a 40ºC.
Cando a mestura se espesa, bótase nos moldes e déixase endurecer durante varios días.

Así ademais de conseguir un bo xabón , o medio ambiente quedarache moi agradecido.


lunes, 6 de mayo de 2013

Imos reciclar!

Esta é a nosa primeira entrada e queremos amosar como pretendemos achegarvos dunha maneira divertida, o fácil que é reciclar. Como se lle pode ensinar aos máis pequenos mediante xogos divertidos e do seu agrado a mellor maneira de reciclar. Así, con pequenas accións mellorar a saúde do noso planeta. Aquí vos deixamos un xogo que esperemos que levedes a práctica!



Xa volveredes a ter noticias nosas... E recordade, cada residuo coa súa cor!