lunes, 20 de mayo de 2013

O Punto Sigre


Nesta nova entrada imos falarvos do punto Sigre, unha entidade sen ánimo de lucro creada para garantir a correcta xestión medio ambiental dos envases e restos de medicamentos de orixe doméstica.

Agora imos a mostrarvos como colaborar co punto Sigre; 

É importante que revisemos os nosos botiquíns de medicamentos, xa que pode a ver algún caducado ou que non usemos. O que debemos facer con eses medicamentos e levalos a farmacia e depositalos no punto Sigre. 
En todos os pobos debería haber unha farmacia na que depositar os medicamentos, no noso caso contamos con un contenedor en cada farmacia.
Tamén hai que levar os envases vacíos ou as caixas dos medicamentos, xa que non se poden despositar nos contenedores habituais xa que poden ter restos de eses medicamentos. 
E o que nunca podedes depositar no punto Sigre, son os termómetros, as gasas, as agullas e os produtos químicos. 





Xa sabes agora o que tedes que facer cos medicamentos caducados ou sen uso! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario