lunes, 20 de mayo de 2013

Outro tipo de reciclaxe.

Nunha visita a  un centro de reciclaxe en Glarus, Suíza, púdose comprobar como clasificaban o lixo en contendores claramente marcados: Tiraban botellas en colectores para vidro verde, marrón e claro; esmagaban latas que deixarban caer nunha abertura; tiraban aluminio nunha bolsa grande, e poliespuma noutro recipiente. Tamén había colectores para obxectos de metal e baterías usadas. Os desperdicios orgánicos son colleitados aparte. O centro de reciclaxe ten horas específicas e os habitantes están obrigados a clasificar o seu lixo. Os camións recóllena en bolsas especiais que se compran nos supermercados, onde se aplica un "imposto" especial para a recolección de lixo. Non existen os vertedoiros!







Suíza é un dos países que máis se preocupa pola conservación do medio ambiente. Cunha taxa de reciclaxe de máis do 50% colócase entre os países máis avanzados en materia de recuperación de refugallos. O seu sistema é diferente ao noso. En Suíza, reciclar é libre e gratis , pero tirar lixo custa diñeiro, cada bolsa de lixo ten que ter unha etiqueta, e o prezo de cada etiqueta é polo menos dun euro. Así canto menos se tire, menos se paga . Existen diferentes tipos de colectores para as diferentes cores do vidro, para o aluminio, baterías, plásticos, etc. O lixo recóllese un día á semana e a unha hora concreta e o cartón por exemplo, unha vez ao mes.

Desta maneira conseguese disminuir a contaminación, xa que se non págalo ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario