lunes, 27 de mayo de 2013

¿Só reciclaxe? Hai máis opcións!

Aquí vos deixamos outra proposta.. certo é que a reciclaxe é fundamental para o futuro de todos, pero aínda así pensamos que está ben que coñezades outras maneiras de axudar ao noso planeta que tamén poden ter moi bos resultados. Estamos falándovos da Regra das tres erres, ou a coñecida tamén como 3R. Trátase de unha proposta sobre os hábitos de consumo popularizada pola organización ecologista Greenpeace, que pretende desenrolar e acostumar as personas hábitos xerais como o consumo responsable.
¿E que é o que significan as tres R?



Veredes.. a primeira ven dada da palabra: Reduce.
Se reducimos o problema, diminuiremos o impacto que estamos causando no medio ambiente. Esta reducción, pode ser de dous niveles:
Reducción do consumo de bens e reducción do consumo de enerxía. 
Algunhas das ideas que vos achegamos para reducir son:
 - Utilizar o trasporte público ou as bicicletas nos traxectos cortos, así diminuiremos os gases que se botan a atmósefa.
 - Diminuír a cantidade de papel que utilizamos, usando, por exemplo papel reciclado e aproveitando os folios ata o final.
Tamén, cerrar a billa de auga ao lavarnos os dentes, ao enxabonarnos ou ao lavar a loza, pode ser de gran axuda.
A segunda inicial ven dada da palabra: Reutilizar.
Reutilizando tamén reducimos o impacto no medio ambiente, indirectamente. Trátase de reutilizar un obxecto para, de ese modo, poder darle unha segunda vida útil. Todos os materiais que coñecemos e utilizamos teñer unha segunda vida útil, ven sexa reparándoos para un mesmo uso ou utilizar a imaxinación para poder darlle un uso diferente.
Algunhas das ideas que vos achegamos para reutilizar son:
- Utilizar as botellas vellas como posibles portalápices.
- Escribir polas dúas caras dos folios.
A terceira e útima inicial ven dada da palabra: Reciclaxe.
Posiblemente, o reciclaxe sexa o modo máis coñecido para axudar ao noso planeta, aínda así moitos non o facemos ben (por iso, entre outras cousas, creouse este blog).
Todos debedes recordar que reciclando, o vidrio e a maioría dos plásticos pódense reciclar calentándoos ata que se afunden e pódenselles dar así unha nova forma. Entón, sería como utlizar un plástico ou unha botella dende o principio, No caso do vidrio, en concreto, só é completamente reciclable, dunha botella podríase obter outra botella.



Como sempre, esperamos que a información que vos aportamos os sexa de axuda, e recordade, reciclar é unha moi boa opción, pero non a única!

Solidariedade e reciclaxe.

Recentemente, xurdiu no noso país un fenómeno de gran calado social que une a reutilización de residuos solidarios. Trátase, concretamente, da recolección de plástico a través de tapóns procedentes de múltiples productos, como poden ser, tapas de botellas, frascos de champú...
O obxeivo centrase na recaudación de diñeiro para axudar a decenas de familias a encontrar unha solución a enfermidades dos seus fillos. As familias promoven a súa causa para conseguir o diñeiro necesario para levar a cabo a investigación e/ou intervencións dos seus fillos.


Aquí, no noso pobo, tamén estamos participando nunha recolección de tapóns, coa colaboración do noso Concello para axudar a un neno veciño que necesita, como moitos outros, a axuda de todos. No noso instituto e no propio concello temos lugares nos que depositar os tapóns. Ademais, nos próximos meses levaranse a cabo actividades para recaudar fondos para a súa causa.

O que vos intentamos decir con esta entrada é que a reciclaxe, unha actividade que non nos custa nada realizar, pode axudar a moita xente con verdadeiros problemas e ao mesmo tempo axudar tamén ao medio ambiente. 
Agora xa sabes o que teis que facer, participa na reciclaxe de tapóns por unha boa causa!

Electrodomésticos

É necesario concienciar a todos os cidadáns e empresas a que é necesario reciclar electrodomésticos vellos levándoos aos Puntos Verdes e Ecoparques.

Moitos dos electrodomésticos que resultan inservibles no fogar acaban nos vertedoiros de lixo, o que provoca un grave problema no equilibrio do medio ambiente. O feito de reciclar electrodomésticos vellos supón un gran aforro en enerxía, auga e recursos naturais, xa que moitos dos seus materiais pódense volver utilizar para fabricar outros aparellos.

No ano 2003 a Normativa Europea creaba unha serie de obxectivos a cumprir sobre a Reciclaxe de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. Pretendíase con iso que os países membros concienciasen a todos os cidadáns sobre a importancia da reciclaxe destes aparellos.

Por non reciclar electrodomésticos adecuadamente na actualidade, o 85 por cento destes aparellos domésticos finalizan a súa vida nos vertedoiros de lixo provocando un grave perigo para o medio ambiente e a saúde humana. É necesario lembrar que moitos deles están fabricados con sustancias moi tóxicas.

Os vendedores de electrodomésticos están obrigados a recoller os aparellos usados nos domicilios cando se realiza a compra dun novo. Tamén deben recoller nas propias tendas os pequenos electrodomésticos. Logo deben preocuparse de levalos a unha planta de reciclaxe.

Segundo investigacións realizadas en España só recíclase entre un 15 e un 20 por cento dos electrodomésticos. Con todo, todos os cidadáns que compran un electrodoméstico novo pagan xa no seu importe unha taxa de reciclaxe.



A recadación anual deste imposto supón un importe de 300 millóns de euros. Por tanto, a responsabilidade de reciclar electrodomésticos áchase nos fabricantes que cobran esta taxa de 20 euros nun frigorífico ou de 5 euros nun pequeno electrodoméstico.

O problema comeza cando os fabricantes que cobran este imposto por reciclar electrodomésticos non se encargan de levalos aos Puntos Verdes. Os Ecoparques declaran que ás súas empresas non chegan todos os electrodomésticos que debesen. Entón, onde van parar os electrodomésticos usados?

As chatarrerías, solares e despezamentos son os culpables destas desaparicións. Aquí chegan estes aparellos coa intención de manipularse, despezar e volver a revender parte do seu material.

As administracións tamén deben pór máis interese no feito de reciclar electrodomésticos. Teñen o seu parte de culpa en todo isto xa que moitos Ecoparques e Puntos Verdes non están ben sinalizados, non cumpren cos horarios, non teñen accesos adecuados ou non teñen información dos horarios de apertura. Evidentemente, os grandes prexudicados de todas estas accións son o medio ambiente e por conseguinte, o ser humano.



A reciclaxe de aluminio en España.

Reciclar alumio é moi importante tanto para o medio ambiente como para a economía. Por iso, todo o aluminio que se recupera recíclase, xa que este metal é o material de envase de máis valor no mercado. Ademais, o aluminio recuperado constitúe unha excelente materia prima para volver a fabricar productos de aluminio, xa que no proceso de reciclado non cambias as propiedades deste material. De feito, o 75% de todo o aluminio que se fabricou desde fai 100 anos encontrase actualmente en uso en forma de diversos productos gracias ó reciclado.
Outra ventaxa de reciclar aluminio é o aforro de enerxía, xa que ao fabricar productos de aluminio con aluminio reciclado existe un aforro do 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral.





A colaboración dos cidadáns é moi importante para conseguir que os envases se reciclen e por iso ARPAL está realizando accións educativas en centros escolares co obxetivo de que os máis novos conozan a importancia de reciclar envases de aluminio e explicar cómo poden colaborar. Durante o pasado curso, realizouse unha campaña de reciclaxe deste material en máis de 40 colexios de ;álaga e está previsto estender esta iniciativa a outras provincias de España.

Agora tamén é o teu turno, todos podemos participar nesta nova iniciativa!




A reciclaxe do tabaco!

Moitos facémonos a pregunta de se unha cabicha se pode reciclar, a resposta é si, nesta entrada falámosvos deste tema.
Os restos dos cigarros pódense reciclar e obter así numerosos beneficios medioambientais. Tras ser tratados, a cinza e outros residuos do tabaco poden ser convertidos en abonos naturais e fertilizantes para o seu uso na agricultura. Ademais, o papel que rodea o filtro é reciclable, e o propio filtro pode ter unha segunda vida formando parte de elementos plásticos como palés, embalaxes e incluso carcasas de bolígrafos. Por todo isto, British American Tobacco y TerraCycle pondrán en marcha "Apaga e Recicla", o primeiro proxecto de reciclaxe de cigarrillos en Europa e usarán unha metodoloxía que xa foi probada con éxito noutros países como Estados Unidos e Canadá. 

                       

E recorda, nunca tires a túa cabicha ao chán, unha vez máis, o planeta agradeceracho!                                     

lunes, 20 de mayo de 2013

Outro xogo de reciclaxe!

Aquí vos deixo un novo xogo de reciclaxe, para que os máis pequenos aprendan e se divirtan a reciclar da mellor maneira, clicade na imaxe! 




Outro tipo de reciclaxe.

Nunha visita a  un centro de reciclaxe en Glarus, Suíza, púdose comprobar como clasificaban o lixo en contendores claramente marcados: Tiraban botellas en colectores para vidro verde, marrón e claro; esmagaban latas que deixarban caer nunha abertura; tiraban aluminio nunha bolsa grande, e poliespuma noutro recipiente. Tamén había colectores para obxectos de metal e baterías usadas. Os desperdicios orgánicos son colleitados aparte. O centro de reciclaxe ten horas específicas e os habitantes están obrigados a clasificar o seu lixo. Os camións recóllena en bolsas especiais que se compran nos supermercados, onde se aplica un "imposto" especial para a recolección de lixo. Non existen os vertedoiros!







Suíza é un dos países que máis se preocupa pola conservación do medio ambiente. Cunha taxa de reciclaxe de máis do 50% colócase entre os países máis avanzados en materia de recuperación de refugallos. O seu sistema é diferente ao noso. En Suíza, reciclar é libre e gratis , pero tirar lixo custa diñeiro, cada bolsa de lixo ten que ter unha etiqueta, e o prezo de cada etiqueta é polo menos dun euro. Así canto menos se tire, menos se paga . Existen diferentes tipos de colectores para as diferentes cores do vidro, para o aluminio, baterías, plásticos, etc. O lixo recóllese un día á semana e a unha hora concreta e o cartón por exemplo, unha vez ao mes.

Desta maneira conseguese disminuir a contaminación, xa que se non págalo ti.